Sin categoría

Chamamento á cidadanía para a doazón de sangue

O Centro de Transfusión de Galicia, recentemente integrado na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, fai un chamamento á doazón, especialmente, aos grupos sanguíneos Cero Negativo, A Positivo e B Positivo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar continuamente o chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade.

Neste momento resulta preciso incrementar o número de doazóns porque, aínda que as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos sitúanse en 500 doazóns, dita cifra tende a aumentar.

Os requisitos para doar sangue son ser maior de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e non padecer nin ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue. Este trátase dun acto sinxelo que permite solucionarlle problemas de saúde a moitas persoas e, incluso, salvarlle a vida.

Para máis información poden chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828.

Sinalar que para informarse sobre a doazón de sangue, o Centro de Transfusión dispón da páxina web ctg.sergas.es.

Salir de la versión móvil