Domingo accidentado nas praias de Ribeira.

Un mozo de Santiago de 22 anos, Fernando Recluso Muñoz, faleceu esta noite no Hospital da Barbanza, logo de ser rescatado da auga na praia do Vilar polo helicóptero Pesca 1.
O rapaa estaba desfrutando cunha amiga dun día de verán na praia do Vilar, arredor das oito e media, cando os socorristas remataran a xornada laboral decidiron darse un baño, os dous mozos foron arrastrados pola corrente, porén, a rapaza logrou saír. En canto se deu aviso do acontecido os socorristas volveron á praia pero non lograron atopar o rapaz, polo que se solicitou a axuda de salvamento marítimo que enviou unha embarcación e un helicóptero. Precisamente foron os gardacostas do Pesca 1 os que avistaron ó mozo sumerxido a 3 ou 4 metros na auga, lograron recuperalo e de inmediato o trasladaron ata o hospital da Barbanza.
Un fallo na coordinación do operativo e as circunstancias do momento obrigaron ós tripulantes do Pesca 1 a trasladar ó mozo en volandas dende a pista de aterrizaxe ata a zona de Urxencias. Ó parecer o helicóptero chegou co rapaz directamente ó hospital da Barbanza, e ó ver que non se atopaba a ambulancia ó pe de pista, como soe ser habitual, os ocupantes da nave decidiron non perder tempo e trasladar ó mozo en volandas ata Urxencias. O persoal de urxencias tratou de reanimalo mozo durante dúas horas, sen éxito. O rapaz falecía preto das doce da madrugada.

Máis sorte tivo un bañista na praia da Catía, en Aguiño que foi rescatado polo socorrista preto das dúas da tarde. O home, un veciño de Ames, de 75 anos e que responde ás iniciais V.M.T. estaba dándose un baño cando ó parecer se atopou indisposto. A súa dona percatouse de que algo lle sucedía e deu a voz de alarma. O socorrista , tras sacalo da auga, practicoulle a manobra de reanimación coa axuda de unha enfermeira que se atopaba na praia. Ata o areal desprazáronse o GAEM e a policía local de Ribeira, tamén un helicóptero do 061, que trasladou ó home ata o hospital clínico de Santiago logo de ser estabilizado.

https://www.youtube.com/watch?v=5AvmwvKCz1Y

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.