Feridas dúas persoas que viaxaban nunha moto esta mañá en Rianxo. Un home de 45 años e unha muller de 30 resultaron feridos ó colisionar a moto na que viaxaban cun turismo en Taragoña. O sinistro producíase ás dez da mañá. O home conductor da moto tivo que ser trasladado ó hospital clínico de Aantiago por un helicóptero, a muller foi trasladada por unha ambulancia do 061.
O 112 deu aviso ós bombeiros de Boiro, policía local de Rianxo, garda civil de tráfico, garda civil de Rianxo, voluntarios de pc de Rianxo, ambulancia do 061 e helimer-3. Os bombeiros de Boiro foron os primeiros en chegar ó lugar polo que se encargaron de atender os feridos ata a chegada dos servicios sanitarios, colaborando na súa evacuación ata ambulancia e helicóptero.
Trala evacuación dos feridos os bombeiros realizaron o sellado de derrame de gasolina con escuma e a limpeza da via limpeza da vía dos restos de vehículos e aceite.
Unha hora despois nas inmediacións do supermercado lidl en boiro, prducíase un choque entre dous vehículos, un dos ocupantes dun dos turismos tivo que ser atendido por persoal do 061 ó atoparse mareado.
Un dos sinistros máis grave producíase o sábado en ribeira, un motorista de 25 años resultaba ferido de gravidade tras colisionar cun vehículo. O suceso producíase na rúa do vilar, en palmeira cando a moto triumph daytona colisionaba frontolateralmente contra un bmw . Ademais do motorista resultaron feridos de diversa consideración dous dos tres ocupantes do turismo.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 90 persoas debido a 57 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 25 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 63 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 57 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 90 persoas.