Icono del sitio CanalBarbanza.com

GALICIA REXISTROU A MELLOR CIFRA DO PARO NUN AGOSTO DOS ÚLTIMOS 15 ANOS, E A SEGUNDA MENOR DA SERIE HISTÓRICA PARA ESTE MES

A comunidade galega, con 141.912 persoas desempregadas, acadou a cifra de paro máis baixa dos últimos 15 anos e a segunda de toda a serie histórica (que se computa desde 1996) para un mes de agosto. A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, valorou de xeito favorable que, a pesares do incremento do paro mensual respecto de xullo deste ano (+1,47%) Galicia mantén á baixa o desemprego en todos os sectores, nas catro provincias e nos colectivos de prioridade nas políticas de emprego da Xunta respecto de hai un ano.

Salir de la versión móvil