Primeiro fin de semana das rebaixas de verán na comarca da Barbanza

O mes de xullo arrincou este fin de semana cunha gran noticia para os comercios. Iniciábase a tempada das rebaixas de verán e, polo tanto, animábase o ambiente nas tendas. Os establecementos de toda a comarca da Barbanza viviron o axetreo dos primeiros días de descontos e os vendedores manifestaban a súa satisfacción.

En casos como o de Boiro, notouse unha maior afluencia pola coincidencia coas festas do verán.

Tamén sinalaron a melloría respecto ao ano pasado. Nótase que a xente ten maior poder adquisitivo que no 2015 polas mesmas datas.

A maior parte dos establecementos iniciaron o seu período de rebaixas o 1 de xullo, mais outros optaron por comezar días antes.

Pola súa parte, os clientes sinalaron que posiblemente compren máis cousas que o ano pasado e, en moitos casos, apostando polo comercio local.

O sector agarda facturar un 6% máis que no 2015 e acadar os 2.900 millóns de vendas. De feito, calcúlase que cada galego gastará entre 70 e 100 euros nestas rebaixas.

https://www.youtube.com/watch?v=YpQXEt05ddQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.