Co curso a piques de comezar son varios os centros da comarca que o farán con menos docentes que no ano pasado. Un deles será o IES Virxe do Mar de Noia xa que contará con tres profesores menos xa que o Goberno galego non cubrirá tres baixas por xubilación. O alcalde de Noia, Santiago Freire, apunta que é unha cuestión que depende dos criterios e das ratios establecidas dende a Consellería de Educación.
O ALCALDE DE NOIA AGARDA QUE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN REFORCE O PROFESORADO DO VIRXE DO MAR.

