Setembro iníciase coa volta da actividade política. Hoxe reuniuse o Consello da Xunta que deu luz verde a varios proxectos. Un deles é a renovación do parque de gammacámaras nos diferentes servizos de medicina nuclear do Servizo Galego de Saúde. Equipamentos nos que se investirán 6,5 millóns de euros.
O CONSELLO DA XUNTA ACORDOU HOXE A RENOVACIÓN DO PARQUE DE GAMMACÁMARAS DO SERGAS POR 6,5 MILLÓNS DE EUROS

