Comeza Setembro e continúa a sombra dos desafiuzamentos sobra as familias do Barbanza. Esta mañá unha nova familia de Riveira acudía a Stop desahucios para pedir axuda ante unha execución hipotecaria sobre a súa vivenda habitual. Trátase dunha que solicita a xustiza gratuita , motivo polo cal o auditor de contas da Plataforma xa se puxo a traballar no caso elaborando un borrador económico – financieiro para adxuntar á futura oposición xudicial contra a entidad financieira do Banco Caja España. Esta execución hipotecaria efectúase sobre unha vivenda de protección autonómica.
Pero a Plataforma tamén traballa, contra reloxo, para paralizar a toma de posesión de unha vivenda na Pobra do Caramiñal, que tería lugar este próximo xoves, 4 de setembro. Tráta se neste caso dunha familia en paro sen prestación económica cunha filla de curta idade . As negociacións, cos responsables da financieira do BBVA en A Coruña, van por bo camiño e agárdase chegar a un acordo nas próximas hora para evitar o desafiuzamento.
http://youtu.be/xSUSStimjVw