Dentro de pouco máis dunha semana os colexios e institutos da comarca e de Galicia volverán a encherse de nenos e aprendizaxe. Sen embargo, non haberá tantos profesores nas aulas neste novo curso. A portavoz do BNG, Ana Pontón, afirmou en Noia que nos últimos 13 anos Galicia perdeu 1.300 docentes e puxo ao IES Virxe do Mar como exemplo do deterioro do ensino público. Por isto que insta á Xunta a atender as demandas e necesidades da comunidade educativa.
O BNG PROPÓN EN NOIA UNHA SERIE DE MEDIDAS ANTES DA VOLTA AO COLE.

