Muros

A iniciativa AZUL DE PORTOSÍN conquista a veciños e visitantes

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, inaugurou no concello de Porto do Son a iniciativa gastronómica, lúdica e turística Vive Azul de Portosín, organizada polo Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Seo de Fisterra e Ría de Muros Noia (GALP 4), o concello de Porto do Son, a confraría de Pescadores e asociacións de empresarios e hostaleiros. Alí, Rosa Quintana puxo este evento como exemplo de “aportación ao turismo mariñeiro, no que Galicia é pioneira” e incidiu na necesidade de “seguir traballando para manternos nos primeiros postos”.

A conselleira valorou a idea desta iniciativa “para o fomento do peixe azul como o xurelo, a sardiña e a xarda, que identifica a este porto e á súa lonxa”, unha especie que destaca polos beneficios que aporta na saúde e na economía.

Este peixe azul incremetou o seu prezo medio dende o ano 2010, o xurelo un 12%, a sardiña un 23% e a xarda un 51%. Rosa Quintana destacou ademais que estas especies medraron nas súas cotas desde 2009 en máis dun 50%, o que propiciou o aumento das vendas nas lonxas galegas, que no primeiro semestre deste ano incrementaron os resultados económicos na primeira venda case nun 6%. A idea desta exaltación parte do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Seo de Fisterra e Ría de Muros-Noia. Costa Sostible, pero conta co apoio do concello, confraría, asociación de empresarios e hostalei-ros. A intención do GALP Ría de Muros-Noia é que a gastronomía sexa o eixo dunha cita que se com-plete con outras actividades lúdicas, e que teña persistencia no tempo.

No evento colaboraron 10 locais hostaleiros, dende a asociación de empresarios tiveron palabras de agradeceemtno para todas as partes implicadas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.