O concello de Ribeira saca a licitación o desbroce de marxes e apertura de cunetas ao longo de 87 kilómetros de camiños públicos

O Concello de Riveira ven de licitar os traballos de desbroce de marxes e a apertura de cunetas nos camiños públicos das nove parroquias do termo municipal, logo de sufrir constantes avarías na maquinaria municipal, o Concello decidiu iniciar este concurso público, que ten un prezo de licitación de 60.452 euros, IVE incluído.

O prazo de execución do contrato é de dous meses e o de presentación de ofertas expira o vindeiro sábado 8 de xullo.

Os traballos a realizar abranguen unha lonxitude total de 87.650 metros, incluíndo o desbroce e limpeza de marxes de camiños e a apertura de cunetas.

https://www.youtube.com/watch?v=6LPXK0u6we0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.