Boiro celebra o seu incondicional Día das Peñas

A praza do Concello de Boiro acolleu esta mañá o inicio do Día das Peñas organizado pola AC Borobó. Este evento enmárcase dentro da programación das Festas do Verán da cidade.

Dende a organización agardaban ao redor dun milleiro de persoas e máis de 40 peñas inscritas.

Os xogos marcaron o inicio da xornada para despois continuar a festa no Cámping Barraña e, finalmente, no Estrella del Mar. Unha cita con varios anos de tradición.

Moitas persoas desprazáronse ata o lugar para desfrutar da cita. Algúns como participantes e outros como espectadores.

O inxenio foi outro dos grandes protagonistas, pois o nome dalgunhas peñas non pasaba desapercibido. Sen dúbida, un dos días máis grandes de Boiro.

https://www.youtube.com/watch?v=dFb_gPPGpQk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.