Icono del sitio CanalBarbanza.com

MÁIS DE 298.000 ESPAÑOIS MAIORES DE 65 ANOS SEGUEN NO MERCADO LABORAL.

España conta con 298.300 traballadores que teñen máis de 65 anos e que seguen traballando, a pesar de que a idade efectiva para acceder á xubilación segue por debaixo dos 65. Trátase dunha cifra récord que se dá por varias razóns. Unha delas é o progresivo atraso da idade legal de xubilación, á que se suma o incremento dos anos cotizados necesarios para lograr o 100% da pensión. Ademais pasar de ser asalariado a pensionista implica a perder unha media do 20% dos ingresos, polo que hai moitos traballadores que apostan por prolongar a súa vida laboral. Situación que preocupa na rúa.

Salir de la versión móvil