Comeza en Galicia a campaña extractiva do polbo que se prolongará ata a data de inicio da veda do ano 2017. Os primeiros exemplares foron subastados esta tarde na lonxa de Ribeira, 4,000 kilos, unha cantidade boa para ser o primeiro día de campaña.
O peso mínimo de cada exemplar é de un kilo e dende o 4 de xullo ata o 30 de setembro o tope sería 30 kg barco/día, máis 30 quilos/día por cada tripulante enrolado e a bordo ata un máximo de 210 quilos/día. No que resta de campaña, o tope será de 50 quilos embarcación/día máis 50 quilos/día por cada tripulante enrolado e a bordo ata un máximo de 350 quilos/día. Os topes hoxe non chegaron a collerse,
O prezo na subasta non foi de todo mal, porén a primeira parada foi en 7,50, e baixando as sucesivas. No peche da campaña , no mes de maio o polbo chegou a cotizar a 10 euros na primeira parada, cun prezo medio de 6 euros.
Parte do subastado hoxe irá parar as prazas de abastos, como é o caso do mercado por Mari Carmen, que ten como destino a praza de abastos de Santiago de Compostela.
Os polbeiros deben cumplir a normativa, as nasas poden quedar no mar pero os extremos ou cabeceiras de cada unha das caceas que se manteñan caladas deberán ser balizadas e identificarse axeitadamente indicando de forma clara e visible a matrícula e o folio da embarcación, así como a letra «N». Para estas balizas, a Consellería proporciona etiquetas con chip integrado .
Como novidade, o propio sector será o encargado de controlar, solicitar e distribuír estes elementos identificativos que levan cada nasa e cada cacea entre os armadores das embarcacións autorizadas para faenar con nasa para polbo. Con esta medida, a Consellería do Mar busca implicar ao sector na responsabilidade do labor de control da pesca para evitar a sobreexplotación de especies como o polbo e a nécora e acadar unha mellora da situación da especie. O número máximo de nasas permitido estará en función do tamaño da embarcación e do número de tripulantes enrolados e a bordo.
https://www.youtube.com/watch?v=7iJrBnzAuzA