O alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro e a concelleira da Igualdade, Charo Varela deron resposta á publicación nas redes sociais realizada por parte de Juan Carlos Quer, pai de Diana Quer, sobre a petición dunha placa. Quixeron así expoñe-la realidade ante a dimensión que está acadando esta cuestión. O alcalde manifestou que neste 2022 non se produciu ningún intento de contacto por parte de Juan Carlos Quer, nin por vía telefónica nin de maneira presencial, e sempre foi recibido cando así o requiriu: no 15 de novembro de 2018 e no 25 de setembro de 2020, ademais de atender ao escrito remitido no 16 de outubro de 2020.
O CONCELLO DA POBRA COLOCARÁ UNHA ESCULTURA EN HOMENAXE A TÓDALAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA MACHISTA, COMO XA TIÑAN PLANIFICADO DESDE O 2019

