O areal de Barraña acolleu o acto simbólico de izado das bandeiras azuis boirenses

A praia de Barraña serviu de escenario ao acto de izado de bandeiras azuis en Boiro que tivo lugar esta mañá. Ata o areal desprazáronse o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo; varios representantes do Concello de Boiro e os socorristas que traballarán este verán no municipio.

O Concello de Boiro foi distinguido este verán con seis bandeiras azuis, sendo o segundo concello da provincia en número de distintivos, tan só por detrás de Arteixo. Outras praias que contan con bandeira son a de Carragueiros, Retorta, Barraña-Saltiño, Ladeira do Chazo e Piñeirón.

Durante o acto, Diego Calvo subliñou o esforzo que realizan os municipios que contan con bandeiras azuis nos seus areais por manter esta insignia.

Unha enseña que esixe unha serie de condicións hixiénico-sanitarias, de seguridade e de prestación de servizos que requiren un traballo constante.

Ambos insistiron en apostar pola calidade coma un emblema de Galicia para diferenciala dos demais.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.