A xunta promove en Ribeira os valores do cooperativismo e as axudas ao sector para impulsar a súa competitividade

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asistiu en Ribeira ás actividades do programa Cooperativismo en movemento co que a Xunta está a achegar ás familias galegas as vantaxes e valores desta fórmula empresarial. Durante o evento estivo acompañada polo alcalde de Ribeira Manuel Ruiz Rivas.
Esta iniciativa promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Consello Galego de Cooperativas enmárcase nun conxunto de actividades de promoción e difusión do cooperativismo que están a celebrarse ao longo de todo este mes e que culminarán este sábado coa celebración do Día do Cooperativismo. O obxectivo é poñer en valor, a través dun espectáculo músico-teatral, xogos e unha exposición, os beneficios sociais deste modelo de negocio que ten demostrado a súa resistencia fronte á crise económica.

Manuel Ruiz agradeceu que se escollese a cidade de Ribeira para a presentación desta actividade coa que se trata de fomentar o cooperatisvismo, unha saída laboral a ter en conta.

Co espectáculo de teatro, no que participou a fundadora e cantante da compañía Mama Cabra, que conformou elenco xunto coa actriz Marta Ortiz e o músico Brais Gutierrez do grupo A tropa de trapo, reflectíronse os valores da responsabilidade, igualdade, transparencia e compromiso que identifican ao cooperativismo.
Este programa de actividades rematará o sábado coa celebración anual do Día do Cooperativismo e a entrega dos premios ás cooperativas.
Unha das prioridades da Axenda 20 para o Emprego, a planificación da Xunta no eido laboral, é impulsar o cooperativismo e, para iso, esta folla de ruta reforza os incentivos ao cooperativismo e impulsa a competitividade e internacionalización do sector. A Xunta pretende potenciar ás empresas de Economía Social polo seu compromiso co territorio, fomentando as de base tecnolóxica e innovadora e de emprendemento industrial con atención ás destinadas ao rural.

https://www.youtube.com/watch?v=oA_pLfQ3X3Q

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.