Aberta a inscripción para o Campus de verán do Celta de Vigo en Boiro

Do 25 ó 29 de Xullo o campo de Vista Alegre en Boiro acolle unha nova edición do campus da Fundación Celta de Vigo.
O evento foi presentado na casa consistorial de Boiro, no acto participaron o Alcalde Juan José Dieste, o presidente do CD Boiro , David Places , o presidente da escola de fútbol Boiro, Sito Pérez e o director da Fundación Celta de Vigo Germán Arteta.
David Places destacou que se trata dunha oportunidade magnífica para nenos e nenas, de ahí o empeño do club boirense en facilitar o acceso a todos os que queiran participar. Jealsa Rianxeira patrocinará a inscripcións de aqueles rapaces e rapazas cuxa renta familiar non supere os mil euros.

Os Campus de Verán da Fundación Celta están dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e, como cada ano, estarán coordinados polos preparadores das categorías inferiores do Real Club Celta. As inscripcions poden realizarse nas oficinas do CD Boiro de catro e media a a sete, ou na páxina da fundacion celta de vigo.

https://www.youtube.com/watch?v=1-OMm5FQBps

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.