Icono del sitio CanalBarbanza.com

CENTOS DE FIEIS PARTICIPARON NA PROCESIÓN EN HONRA A SAN BARTOLOMEU DE NOIA

No día de onte, as rúas de Noia viviron unha das xornadas máis agardadas das súas festas patronais, a procesión en honra de San Bartolomeu. Así, centos de fieis, acompañaron ao santo. Trátase dunhas das tradicións das festas, salir en procesión coa imaxe do santo. Hai que remontarse ao siglo VI para comprobar o nacemento do culto a San Bartolomeu, que a día de hoxe é o patrón do pobo. Esta festividade foi recuperada pola Confrría de San Martín que fai 12 anos recuperaron a procesión, logo de que levara 50 anos sen saír da igrexa a causa do seu deterioro.
As festas continúan, e hoxe a noite estará amenizada pola orquestra La oCa Band e o cocnerto de Luar na Lubre, na Alameda e na Praza do tapal, respectivamente. Mañá a orquestra Olympus e Marlon actuarán nunha noite que se agarda memorable.
Salir de la versión móvil