O proxecto de cooperación ARIEM 112 reforzarase cunha achega de 600.000 euros da Unión Europea

A Xunta celebra a decisión dos responsables do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP de reforzar o importe económico do proxecto transfronteirizo en materia de emerxencia ‘ARIEM 112’.
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva presentou hoxe en rolda de prensa a segunda fase do proxecto de cooperación trasnfronteiriza “Ariem 112”, que grazas a esta achega da UE de 600.000 euros poderá continuar durante os anos 2014 e 2015. Este incremento, que supón 200.000 euros máis que na primeira fase 2011-2014, responde ao obxectivo de completar as accións que contribúan a consolidar e institucionalizar os mecanismos de cooperación e coordinación transfronteiriza no ámbito de emerxencias, así como afondar nos logros acadados ata o momento. En total se achegarán 600.000 euros, dos cales o 75 por cento será achegado pola Unión Europea e o 25 por cento pola Axencia Galega de Emerxencias.

http://youtu.be/PLDEinQx9Bk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.