A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa -Eroski inaugurou hoxe o seu novo hipermercado Eroski de Noia, tras incorporar esta nova enseña á súa rede comercial, asumindo a xestión de catro hipermercados Eroski, tres en Galicia e un en Castela e León.
No acto de inauguración participaron a concelleira de comercio de Noia, Marisol López, o director xeral de Vegalsa -Eroski, Joaquín González,o director da enseña Hipermercados Eroski en Vegalsa Florentino Vázquez, a directora de RSC e Cliente, Gabriela González, e directivos do Eroski.
Tras asumir a xestión do hipermercado de Noia,Vegalsa‐Eroski realizou unha serie de reformas na liña como as acometidas nas demais enseñas da rede comercial, convertindo o hipermercado de Noia nunha tenda de última xeración, accesible e sostible, na que cobra especial protagonismo as seccións de frescos con atención persoalizada.
O hipermercado contará ademais cun amplo surtido de marca propia, sección de bazar e electrodomésticos, cunha ampla gama de productos. Presentando ademais 4000 referencias con rebaixa de prezos. Vegalsa-Eroski continúa crecendo tras 6 décadas de servizo ós clientes.
A nova sala de ventas de 4.000 m2, supuxo un investimento de dous millóns de euros, convertíndose o hiper noiés nun dos hipermercados de referencia da comarca, cunha plantilla que ascende durante os meses do verán a 70 persoas.
A edil de comercio agradeceu a inversión realizada por Vegalsa Eroski no hiper da vila noiesa, destacando a repercusión laboral que trae consigo.
A inauguración contou coa beizón do párroco de Noia Don José Ortoño.
https://www.youtube.com/watch?v=MNMcWnFl2bI