Icono del sitio CanalBarbanza.com

OS VECIÑOS DA POBRA DESPIDEN HOXE OS FESTEXOS DO CARME DOS PINCHEIROS.

Este fin de semana regresou unha das citas máis agardadas do verán para a sociedade pobrense, a festa Carme dos Pincheiros, que enche a vila de música e ledicia do 19 ao 22 de agosto. Hoxe continúan os festexos cunha programación protagonizadada pola queima de fogos de artificio e o combate naval, que serán o colofón de catro xornadas de festas. Desde o venres, a celebracración acolleu a numerosas persoas, co protagonismo dos xigantes e cabuzods, sesións musicais e os San Juerguines, unha festividade que se prolongou pola noite do sábado. Nesa noite, a discotecamovil viuse obrigada a parar a súa actuación debido a unha liorta na que se viron implicados máis de 40 persoas. Ata alí trasladáronse os servizos de seguridade, onde un dos policías tamén foi lesionado. No día de hoxe, a pesar de todo, as Festas do Carme dos Pincheiros continuarán e rematarán hoxe unhas celebracións que volveron tras dous anos de pandemia.

Salir de la versión móvil