O XVI Concurso Nacional Canino celebrarase este fin de semana en Porto do Son

Os vindeiros días 2 e 3 de xullo, a Sociedade Canina Galega celebrará o seu XVI Concurso Nacional Canino na explanada portuaria de Porto do Son. Desde hai 16 anos e de forma continuada, a Sociedade Canina Galega celebra un certame de morfoloxía canina, o cal conta cunha participación duns 200 exemplares.

O sábado 2 realizarase a partir das 16:00 da tarde a Monográfica e o Campionato da Súper Copa Galega de Agility. Por outra banda, o domingo 3 terá lugar o Concurso Nacional Canino no Porto Deportivo desde as 11:00 da mañá, mentres que pola tarde serán as grandes Finais a partir das 15:30 da tarde. Ese mesmo día tamén se celebrará o Concurso de Beleza con preto de 150 exemplares e 62 razas diferentes. Nesta proba, os cans gañadores en cada unha das razas obteñen puntos para «Mellor Can do Ano en Galicia» e unha puntuación especial para «Campión Galego 2016».

Ademais, estes eventos caninos dispoñen de diversos xuíces como Marcelino Pozo Ruiz ou Juan Antonio Lanzó Ruiz, entre outros.

Esta cita canina conta, como tódolos anos, co patrocinio e colaboración do Concello de Porto do Son.

https://www.youtube.com/watch?v=KhnGn6DzWF0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.