Dende o BNG indican que levan anos denunciando a situación precaria na que se atopa a piscina. Moitos dos problemas que sufren os seus usuarios son estruturais e débense a unha mala praxe na construción do edificio pero moitos outros son derivados dunha mala xestión continuada no tempo e dun abandono por parte do goberno de Outes, segundo indican os bloquistas.
O BNG DE OUTES LEVARÁ AO VINDEIRO PLENO UNHA MOCIÓN PARA O ARRANXO E POSTA EN VALOR DA PISCINA MUNICIPAL

