Mañá sábado zarpan dende os pantaláns do Club Náutico Deportivo de Riveira unha treintena de veleiros na XVII edición da Regata Ramiro Carregal Rey. O seu destino será o Real Club Náutico Portosín, na Ría de Muros-Noia, tras percorrer 25 millas náuticas – uns 46 km – nun trazado marítimo cheo de beleza paisaxística pero tamén coa precaución de non baixar a garda en nengún momento debido ós baixos rochosos da zona.
A saída está prevista as 12.00 dende a Ría de Arousa.
Mañá arranca a regata Ramiro Carregal Rey
Please login to join discussion