Icono del sitio CanalBarbanza.com

A RAPIDEZ DO LUME QUE ASOLOU A SERRA DO BARBANZA DIMINUÍU OS DANOS NO CHAN.

O pasado xoves día 4 comezou na parroquia de Cures un lume que asolou en cinco días máis de 2.200 hectáreas na Serra do Barbanza. O paso das lapas déixase ver na paisaxe de Ribeira, A Pobra e Boiro e despois de que os equipos de extinción o apagaran por completo a semana pasada, o conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse cos alcaldes dos concellos que forman a Mancomunidade Barbanza Arousa. Na xuntanza, que se estendeu máis de dúas horas, tratáronse 27 puntos, entre as que destacan as medidas paliativas.

Salir de la versión móvil