Fíxose agardar, pero xa se coñece o nome da persoa encargada de abrir as Festas do Carme dos Pincheiros. Cristina Fernández, xefa de Medicina Preventiva da área sanitaria de santiago-Barbanza e o seu equipo serán os encargados de dar mañá o pregón que inaugure unha das edicións máis agardadas do Carme dos Pincheiros.
O EQUIPO DE MEDICINA PREVENTIVA DE SANTIAGO-BARBANZA DARÁ O PREGÓN DO CARME DOS PINCHEIROS

