Esta mañá iniciouse en Riveira un novo Obradoiro de Emprego, que baixo o nome, Curota, dará formación a 22 alumnos -13 homes e 9 mulleres- dos concellos de Riveira, A Pobra, Boiro e Rianxo. O novo curso foi presentado no Centro Cultural Lustres Rivas, no acto participaron ademais dos alumnos a tenente de alcalde de Riveira Dolores Elorduy e os rexedores de A Pobra, Boiro e Rianxo, Isaac Maceiras, Juan José Dieste e Adolfo Muíños.
Os alumnos do obradoiro terán a oportunidade de cursar durante seis meses a especialidade de pavimentos e albanelaría de urbanización. A posta en marcha desta acción entraña tamén a contratación dun equipo de persoal docente composto por cinco membros .
Todos os representantes municipais incidiron nas esperanzas depositadas neste obradoiro para que os seus alumnos obteñan maiores expectativas de emprego. Neste senso, Adolfo Muíños lembrou que participar nesta escola “non é o obxectivo, senón un paso para acadar unha mellor inserción laboral”.
http://youtu.be/NFpOkMEwwNI