A policía autonómica imputa ao presunto autor dun incendio forestal no concello de porto do son

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica en Santiago informaron hoxe da imputación dun home coma presunto autor dun incendio forestal no concello de Porto do Son (A Coruña)

O lume tivo lugar o pasado 26 de xullo, no lugar de Nádelas, na parroquia de Queiruga, no concello de Porto do Son, e afectou a unha superficie de 3.800 metros cadrados de monte raso. Realizadas as investigacións necesarias, os axentes comprobaron que a orixe do incendio foi causado polo lanzamento neglixente de bombas de palenque. A rápida intervención dos medios de extinción do distrito III, da Xunta de Galicia impediron que o lume tivese maiores dimensións.

Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, en funcións de Garda, de Noia (A Coruña). Durante este ano, os axentes autonómicos investigaron a un total de 36 persoas, como presuntas autoras de incendios forestais.

https://www.youtube.com/watch?v=-C3vXe_ykeg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.