Un mergullador resultou ferido na praia de Celeiráns, na parroquia ribeirense de Aguiño. O parecer, o mozo de 20 anos de idade e que responde as iniciais S.S.P., resultou ferido cun arpón que manipulaba o seu irmá. O suceso producíase sobre as 18:20 da tarde, cando ambos mozos remataban unha xornada de pesca submarina. Por causas que se descoñecen o arpón disparouse accidentalmente ferindo a un dos irmás na axila.
Un particular alertaba ó 112 para pedir axuda, ás 18:20 horas. O persoal do 112 Galicia informou, de inmediato, a Urxencias Médicas. Debido á importancia das lesións, os técnicos sanitarios mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela que, tomou terra no lugar dos feitos. Dende o 112 Galicia tamén se solicitou a colaboración dos Bombeiros de Ribeira e dos efectivos de emerxencia municipais. Os bombeiros encargáronse de cortar o arpón no mesmo areal para deter a hemorraxia, o mozo foi trasladado despois a un hospital.
https://www.youtube.com/watch?v=yXLl_4HL-WQ