O furtivismo no punto de mira

Ademais esta tarde Rosa Quintana, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez reuniuse con representantes da cofraría de Cabo de Cruz. Esta visita enmárcase na rolda de visitas ás confrarías de Pescadores que está a realizar a titular de mar durante as últimas semanas co obxetivo de coñecer de primeira man as súas necesidades.

Un dos maiores problemas que afrontan as cofrarías é o furtivismo, unha lacra coa que levan anos loitando sen conseguir a súa erradicación. Toneladas de bivalvo, na súa maioría cría, son levadas das praias galegas de maneira ilegal cada ano, os areais de Cabo de Cruz son dos máis prexudicados do Barbanza. E precisamente nesta zona a pasada semana coñecíanse duas sentenzas pioneiras, emitidas pola xuiza do Xulgado de Ribeira, nas que se prohíbe o acceso ós areais de Boiro a dous furtivos da zona. A Conselleira valorou positivamente este avance.

https://www.youtube.com/watch?v=znqW5JNdILw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.