Porto do Son celebrou unha nova edición da Feira Celta este fin de semana. As rúas adornadas, os tendeiros que ofrecían todo tipo de artigos artesanais, a música, os bailes e as acrobacias fixeron posible que a localidade se trasladase durante tres días a épocas remotas. Pasarrúas, concertos ou espectáculos de animación foron só unha pequena mostra de todas as propostas que ofreceu esta cita.
As rúas estiveron provistas de 110 postos entre os cales se atopaban alimentación, artesanía ou cantaría, entre outros. Así mesmo, dende o Concello chegaron a un acordo coa empresa organizadora para que asociacións sen ánimo de lucro de Porto do Son puidesen ter o seu posto sen ningún tipo de custo. A música e o entretemento correron a cargo dos Gaiteiros do Sur, Entr’Act e Acibreira.
Esta trátase dunha festa con gran arraigo no concello sonense. A afluencia de xente foi notable e as altas temperaturas que animaban a asistir á praia non supuxeron ningún tipo impedimento. Todo o contrario. Moitos optaron por compatibilizar a praia co mercado. De feito, a última hora da tarde e da noite foron as franxas horarias nas que se rexistrou máis ambiente.
https://www.youtube.com/watch?v=WudQd-ixgvw