Icono del sitio CanalBarbanza.com

UNHA DUCIA DE MOZOS DE RIBEIRA E PORTO DO SON FINALIZARON A SÚA FORMACIÓN NO OBRADOIRO DE EMPREGO “SERRA DO BARBANZA”.

O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu un novo acto de clausura dun obradoiro de emprego impulsado polos concellos de Ribeira e Porto do Son. “Serra do Barbanza” xuntou a 12 mozos e mozas dos dous municipios que se estiveron formando ao longo dun ano en pavimentación e albanelería de urbanización. A conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou a colaboración entre os municipios nunha nova aposta pola formación e o emprego.

Salir de la versión móvil