Os catro concellos que forman parte da mancomunidade Arousa Norte, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira únense na organización do I Circuito de Carreiras Populares Arousa Norte integrado no IV circuito Provincial de Carreiras Populares Deputación da Coruña. Trátase de catro carreiras cunha única meta. A casa consistorial da Pobra acolleu a presentación da Primeira das carreiras, a VIII Carreira Popular Concello da Pobra, II Memorial Jesús M. Huerta.
Os atletas que corran no circuito de carreiras populares deben indicalo no momento da inscripción, e deben asistir ás 4 probas que forman o circuito, obterán descontos e agasallos dende 300 a 75 euros. O delegado da Federación Galega de Atletismo agradeceu a labor de Pepe Moure e ós responsables dos catro concellos pola organización desta proba.
Trátase dunha carreira aberta a todas as categorías.
O alcalde da Pobra tivo un recordo para o triatleta pobrense, Jesús Huerta, falecido o pasado ano e ó cal se lle adica esta proba.
Para obter maior información e inscricións poden dirixirse ó Dpto. de Deportes da Pobra, na Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fdez. Soler” ou na mancomunidade Arousa Norte, o prazo está aberto ata o 25 de agosto.
https://www.youtube.com/watch?v=flRlvsabOOE