Boiro acolle do 6 ó 9 de Xullo as xornadas náuticas adaptadas

A integración é fundamental en todos os eidos, e así o ven as fundacións ADECO -DEA e AMBAR, que xunto á Federación Galega de Motonáutica e ó concello de Boiro poñen en marcha este mes as xornadas Náuticas adaptadas. Do 6 ó 9 de xullo as persoas con algunha discapacidade poden desfrutar dos deportes náuticos no porto de Cabo de Cruz. O evento foi presentado na casa consistorial de Boiro polo alcalde Juan José Dieste, o presidente da Agrupación Deportiva Costa Oeste Deporte Adaptado , Pepe Barrio e o representante de Ambar, José Manuel de la Iglesia.

Os participantes nas xornadas poden navegar nun Aces, de fácil manexo, nunha embarcación a motor adaptada e tamén na embarcación tradicional «o Laberco» que cede Gerardo Triñanes.

O 9 de Xullo celébrase o «Trofeo concello de Boiro de slalom integrado», no que se pon a proba a habilidade dos participantes. Cada embarcación vai tripulada por dúas persoas, que deben compenetrarse, unha delas con discapacidade.

O alcalde de Boiro agradeceu a realización desta proba e das xornadas no seu municipio, dende o concello apoian o deporte como un medio fundamental de adquirir valores e neste caso de integrar as persoas. Todavía está aberto o prazo de inscripción.

https://www.youtube.com/watch?v=OCnY6mPawIg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.