O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou hoxe a aposta do Goberno galego pola construción de itinerarios peonís seguros na comunidade e destacou a comarca do Salnés como área de referencia en mobilidade sostible.
Nunha visita para comprobar os avances nos traballos de humanización e creación dunha senda peonil na PO-549, entre Vilanova e Vilagarcía de Arousa, Rueda lembrou o “gran esforzo” da Xunta a favor de reducir os desprazamentos individuais por estrada en Galicia.

