O 41% dos españois considera que paga moitos impostos, e o 90% opina que existe “moito” ou “bastante” fraude fiscal. Así o revela o último estudo do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS). O estudo levado a cabo polo CIS de José Félix Tezanos en 900 municipios entre o 21 e o 30 de xullo chega apenas unha semana despois do anuncio gobernamental do novo imposto á banca e enerxéticas. Coa recadación deste tributo extraordinario, o Goberno pretende financiar medidas para a loita contra a inflación. Saímos á rúa para ver a opinión dos barbanzás.
O 41% DOS ESPAÑOIS CONSIDERA QUE SE PAGAN MOITOS IMPOSTOS EN COMPARACIÓN AOS BENEFICIOS RECIBIDOS POR PARTE DO ESTADO

