Rianxo contou esta fin de semana con dúas xornadas onde o mexillón foi o protagonista. A festa deste bivalvo arrancou con forza o sábado e rematou onte por todo o alto. As ringleiras para poder degustar as racións volveron a formarse no Campo de Arriba despois de dous anos sen poder facerse.

