Durante cinco días, Noia foi a capital da música de arpa. O municipio noiés acolleu unha nova edición do Noia Harp Fest, que rematou no día de onte. Á cita desenvolveuse de maneira perfecta, coa chegada de artistas de diferentes lugares do mundo. Desde Escocia, Senegal, Paraguay, Bretaña, Polonia, Cataluña, Castilla e León e de Galicia, eses foron os lugares desde os cales viñeron a mostrar o seu talento e deleitar o público os seus artistas. A cita desenvolveuse na praza do Tapa, na Igresa de Santa María A Nova, nos xardíns da central do Tambre e nas Cabañitas del Bosque de Albeida. O evento foi todo un éxito, coas actuacións de Beatriz Martínez, Diego Langarica, Cermen Bernal, Trío Clepsidra, Kora Jazzm e moitos outros máis. Dous anos despois, o Noia Harp Fest volveu a triunfar.
NOIA ACOLLEU O SEU TRADICIONAL FESTIVAL DE ARPA

