O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou a aposta do goberno galego pola mediación como mecanismo de resolución de conflitos, no acto da clausura do Congreso de Mediación Intraxudicial, onde tamén asistiron o presidente da Audiencia Nacional, José Ramón Navarro e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas.
Contribuír a redución da saturación dos órganos xudiciais é unha das vantaxes que máis se cita na mediación, sen esquecer a especial importancia da mediación familiar, un proceso menos traumático, baseado no diálogo e no consenso, cuestión que é relevante, sobre todo cando nestes casos están involucrados menores de idade.
Rueda destacou a colaboración da Xunta de Galicia coa USC, co Consello Xeral do Poder Xudicial e coa Fiscalía, co obxectivo común de difundir a institución da mediación e aplicala na práctica.
O Congreso tivo lugar na Agasp onde participaron axentes da Policía Autonómica, da Policía Nacional, da Garda Civil, policías locais, avogados e psicólogos, ademais de profesionais das emerxencias e voluntarios da Protección Civil, entre outros asistentes.
https://www.youtube.com/watch?v=w1ZQiKHwQKc