jueves, septiembre 28, 2023

Actividades para o fin de semana en Rianxo

O mércores 6 de xullo ás 23:00 no campo de pasos en Taragoña proxéctase o film «un viaje de diez metros», no ciclo noites de cine. UN VIAJE DE DIEZ METROS é unha comedia romántica social; apta para todos os públicos. Unha familia india trasládase ao sur de Francia. Alí deciden abrir un restaurante fronte a un luxoso restaurante francés de alta cociña cunha estrela Michelin.
O xoves, 7 de xullo, a biblioteca pública de Rianxo, acolle ás 21:00 a presentación do libro «Voaxa e Carmín de Esther Carrodeguas.Voaxa e Carmín aborda, de maneira poética, a historia de Coralia e Maruxa Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías ou as dúas en Punto, que paseaban cada día as dúas da tarde polas rúas de Santiago de Compostela.
No acto presentarase tamén a Residencia Técnica das Compañías ButacaZero + eme2 en coprodución coa MIT que sobre esta obra se está a facer no auditorio de Rianxo.
O acto rematará cunha pequena LECTURA DRAMATIZADA a cargo de Mercedes Pimentel e Raquel Lodeiros (actrices de Teatro Airiños)
O venres 8 de Xullo, o auditorio de Rianxo acolle ás 20:00 o festival fin de curso da escola de música de Rianxo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.