O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o novo centro sociocomunitario Isabel Zendal en Ordes, infraestrutura que o Goberno galego axudou a construír cun orzamento de 360.000 euros do total de 910.000 investidos na actuación. Nese escenario, o titular da Xunta anunciou que mañá se aprobará un investimento de preto de 20 millóns de euros para as entidades sociais de Galicia.
RUEDA AVANZOU QUE A XUNTA APROBARÁ MAÑÁ UN INVESTIMENTO DE PRETO DE 20 MILLÓNS DE EUROS PARA AS ENTIDADES SOCIAIS DE GALICIA

