Máis de 230 triatletas confirmaron xa a súa participación no campionato galego de distancia olímpica que se celebra o 10 de xullo en Ribeira

O evento que congregará a uns 300 deportistas foi presentado na Casa do Concello de Ribeira, polo presidente do Club Natación Riveira, Julio Simarro; o director técnico da proba Juan Carlos Brión; e o vicepresidente da Federación Galega de Triatlón, Luís Piña; e o alcalde Manuel Ruiz.
O Triatlón Concello de Riveira alcanzará o domingo 10 de xullo a súa cuarta edición , e paralelamente vaise celebrar a tradicional proba popular (no que os participantes se aproximiran ao medio cento) e, por vez primeira, o campionato galego de duatlón escolar cadete, cuns 60 competidores. Dende o Club Natación Riveira agradecen a colaboración do Concello, de varias firmas comerciais e da federación.

Os competidores na distancia olímpica (que arrancará ás 9.45 horas para as mulleres e 10 minutos máis tarde para os homes) terán que completar 1.500 metros nadando, 40 quilómetros en bicicleta e 10 kilómetros a pé. A proba popular (super-sprint), cuxo inicio está previsto para as 12.30 horas, constará de 300 metros nadando, 10 quilómetros en bicicleta e 2.500 metros a pé. Por último, o duatlón escolar (saída ás 13.15 horas) comprenderá 2.000 metros dnadando, 8 quilómetros en bicicleta e 1.000 metros de carreira a pé.

Juan Carlos Brión resaltou o alto nivel dos cometidores, destacando como favoritos no campionato masculino a Alberto Castiñeiras, un dos referentes galegos, e os mexicanos Crisanto Grajales e Rodrigo González, ambos clasificados para as Olimpiadas de Río. Dos triatletas locais Martín Carrera en sub 23 e Carlos Brión en júnior tamén se espera un papel destacado. No apartado feminino, citouse a Saleta Castro e Merina Alonso como favoritas.

Manuel Ruiz salientou o esforzo desenvolvido polo Club Natación Riveira por promover este deporte do triatlón que tanto está crecendo no noso municipio.

https://www.youtube.com/watch?v=YBUOo8ultEo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.