A Cofradia da Pobra abre expediente ó mariscador que agrediu a tres traballadores do pósito e pérsonase como acusación na causa

A Xunta Xeral da Cofradía da Pobra acordou por unanimidade abrir expediente contra o mariscador que agrediu á secretaria da cofradía, e a dous traballadores máis. O patrón maior da Pobra , Juan Miguel Iglesias, explicou a gravidade dos feitos, e a inminente expulsión do mariscador da cofradía

A agresión producíase o pasado 15 de xuño, como causa da mesma a secretaria recibiu un forte golpe no ollo rompéndolle o globo ocular polo que requeriu intervención cirúrxica de urxencia que non lle garantiza a recuperación da visión.

Dada a gravidade da lesión a cofradía presentarase como acusación na causa.

Esta é unha das agresións máis fortes sufridas por persoal da cofradía, e a primeira realizada por un socio do pósito,

Os feitos sucederon logo dunha discusión mantida entre o mariscador e o gardapesca, por querer o mariscador resembrar ameixa sen consentimento, tras manter diferencias coa pesada, o xefe do pósito pobrense non acaba de comprender os motivos que levaron ó traballador a agreder ó persoal da cofradía, cando hai outros cauces para formalizar as queixas.

Dende a federación galega de cofradías condenaron estes feitos manifestando o seu apoio ó persoal agredido e a cofradía da Pobra.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.