O concello da Pobra busca o mellor proxecto para o aproveitamento das naves dos Areos.

O concello da Pobra busca o mellor proxecto para o aproveitamento das naves dos Areos. O alcalde Xosé Lois Piñeiro concretou unha serie de xuntanzas que comezaron esta tarde con expertos en diferentes campos , na primeira foi o arquitecto Simón Castro, quen presentou o seu proxecto fin de carreira basado nesta Reordenación urbana da Pobra. A intención do executivo pobrense é a rehabilitación das naves que levan anos paralizadas para reutilizalas como chan dotacional e aproveitable para os veciños. Entre os usos que se barallan está un museo vivo da conserva, unha escola infantil, ou instalacións para mariscadoras, entre outros.

Dende o concello teñen varias ideas en mente, pero buscan o mellor proxecto, innovador e sostible.

Tralo paso do verán e logo das reunións que se van manter concretarase o proxecto que se presentará ante Costas, xa que o ente público contemplaba o derrube das naves e a recuperación do terreo.

A intención do executivo é presentar o proxecto ós GALP para o seu financiamento, pero deben agardar a que as naves sexan de titularidade muicipal.

https://www.youtube.com/watch?v=-RyBcczadIs

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.