O emprego segue crecendo con forza e cun gran empuxe do traballo indefinido tras o despligue da reforma laboral. O segundo trimestre do ano deixou 383.300 empregos máis, ata rozar case os 20,5 millóns de persoas traballando, máximos desde 2008, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica hoxe o INE. Pola súa banda, o paro caeu en 255.300 persoas, ata situarse nun total de 2.919.400 desempregados, por fin por baixo da barreira dos tres millóns de persoas. A taxa de paro descendeu ata o 12,5%, tamén batendo o mínimo de 2008, nos primeiros compases da pasada crise financeira. Aínda así, existe un 60% de contratos fixo-discontinuos que camuflan unha temporalidade do 60% entre os indefinidos.
O PARO CAE Á TAXA MÁIS BAIXA DESDE 2008 CO TRABALLO INDEFINIDO DISPARADO TRAS A REFORMA LABORAL.

