Multitudinaria romaría en San Ramón de Bealo

A romaría de San Ramón de Bealo, en Boiro, é unha das citas mais agardadas polos boirenses e demais veciños da comarca, non en van, a romaría de San Ramón remóntase a máis de dous séculos de antigüidade. Cada 31de Agosto milleiros de persoas de todas as idades peregrinan ata a capela de San Ramón, onde se celebran os oficios relixiosos con misas dende as oito da mañá. San Ramón e avogado das mulleres embarazadas polo que é habitual ver a numerosas parellas portando a imaxe do santo durante a procesión. Trátase dunha das citas relixiosas con mais sona na comarca, unha romaxe que perdura no tempo e co paso dos anos vai gañando fieis.
Dende o sábado foron moitos os mozos que optaron por acampar para desfrutar desta tan agardada celebración, xa que ademais do aspecto relixioso da festa hai un lado mais parrandeiro. charangas, orquestras e d´js animan o evento.
A festa continúa en Bealo ata o próximo mércores.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.