Unha actuación dirixida ao público infantil e familiar incidirá mañá na praza do concello na divulgación do cooperativismo

Mañá xoves, dende as 17 ata as 20 horas, a praza do Concello de Ribeira vai dar cabida a unha interesante iniciativa denominada “Cooperativismo en momento”.

Trátase dunha exposición que pretende explicar ao público infantil e familiar en que consiste o cooperativismo, un photocall relativo a esta materia, así como dúas actuacións gratuítas (ás 18 e as 19 horas) a base de contos e cancións por parte de Gloria, de Mamá Cabra, e A Tropa do Trapo.

Esta iniciativa está promovida pola Secretaría Xeral de Economía Social e o Consello Galego de Cooperativas, coa colaboración do Concello de Riveira.

Esta actividade ten visitado con gran éxito localidades como Redondela, Vilalba, Verín ou Monforte e hoxe está previsto que se desenvolva en Xinzo de Limia.

https://www.youtube.com/watch?v=_daNVbLx86M

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.