Concertos da aula galega de saxofón, mañá e pasado mañá no CONCELLO DE RIVEIRA

Se nas últimas dúas semanas o Conservatorio Municipal puxo fin ao curso 2015/16 co Xuño Musical que incluíu 5 concertos, esta semana é o turno para a Aula Galega de Saxofón.

Esta actividade organizada dende o Conservatorio riveirense e que xunta na cidade a estudantes e profesionais de diferentes puntos de Galicia porá mañá xoves 30 de xuño ás 20:30 horas e venres 1 de xullo ás 20:00 horas o remate a este curso.

Neste derradeiro encontro os alumnos ofrecerán dous concertos no que estarán acompañados polo recoñecido pianista Stéfanos Spanopoulos, así mesmo, neste encontro o profesor invitado de saxofón será o concertista italiano David Brutti.

https://www.youtube.com/watch?v=hxQgsVMVUKQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.