jueves, septiembre 28, 2023

O Conselleiro de política social e o alcalde de Boiro valoraron a elevada ratio do Servizo de Axuda no Fogar que acada o 92,08%

A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo co alcalde do municipio coruñés de Boiro, Juan José Dieste.

Na xuntanza valorouse a elevada ratio de atención coa que conta o concello no que atinxe ao Servizo de Axuda no Fogar. No presente ano incrementáronse 6.000 horas anuais (40.788 horas anuais en total) que fan que a ratio de atención deste servizo aumente ata o 92,08%.

Ademais de recoñecer os fitos acadados ata o de agora grazas a colaboración entre ambas entidades, os dous mandatarios estableceron novas liñas de traballo para continuar mellorando os servizos sociais do municipio. Outro tema abordado na xuntanza foi a situación das prazas públicas de escolas infantís que chegan ata as 138 cunha ratio de atención do 32,47% e propuxeron novas medidas para aumentar esta porcentaxe e sobrepasar o 33% que marca a Unión Europea como ratio aconsellable. Neste eido o conselleiro destacou unha partida de 70.000 euros para a mellora da escola infantil e do Centro de Día grazas ao plan de mellora de infraestruturas posto en marcha por parte do goberno galego no marco do cumprimento do déficit.

Ademais, conselleiro e alcalde estudaron as posibilidades de aumentar as infraestruturas sociais do concello, concretamente, unha nova residencia.

https://www.youtube.com/watch?v=tbcytP1Eg4s

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.